top of page

Xoves 10 de setembro

11:00 - 13:30 e de 17:00 a 19:00 - Praza do concello:

Taller de malabares

Taller de instrumentos raros (todas as edades)

 

19:30 - Anfiteatro ao carón da Veracruz:

As mil e unha noites (teatro infantil)

compañía: Ghazafelhos

22:30 - Auditorio:  O furancho (comedia)

COMPAÑÍA: IBUPROFENO TEATRO

Sempre na vangarda do deseño e das últimas tendencias, preséntannos a súa última creación: O furancho. Unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do contexto hostil no que vivimos.

No noso furancho pódese consumir o excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comunión e complicidade no que o público acode a empaparse coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.

E para quen non sexa de moito beber alcohol, no noso Furancho Spa resort vitinícola Rosalía de Castro ofrecemos tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha parra que se expande. Cada célula é unha uva que nos flúe por dentro. Nós cruzamos as sementes das cepas máis exquisitas para atopar a combinación perfecta que che aporte relax e benestar. Todo sen química, nin sulfitos. Ecolóxico 100%.


Creación e interpretación: MARIÁN BAÑOBRE E ISABEL RISCO
Texto e Dirección escénica: SANTIAGO CORTEGOSO
Movemento escénico: CARMELA BUENO
Deseño de iluminación: SALVADOR DEL RÍO
Imaxe: DIEGO SEIXO
Deseño de vestiario: MARIÁN BAÑOBRE
Realización de vestiario: MARÍA NEGREIRA (CDG)
Zocos: ELENA FERRO
Deseño do espazo escénico: SANTIAGO CORTEGOSO E MARIÁN BAÑOBRE
Deseño de son: QUITO
Música: RADIO COS
Cobertura técnica: NINGURES PRODUCIÓN
Produción: IBUPROFENO TEATRO, COA COLABORACIÓN DA AAAG E O CDG

 

bottom of page