top of page
Martes 8 de setembro
11:00 - 13:30 e de 17:00 a 19:00 - Praza do concello:
Taller de malabares
Taller de instrumentos do mundo (todas as edades)
19:30 - Anfiteatro ao carón da Veracruz:
O segredo do tendal (todas as edades)
compañía: Raquel Queizas
22:30 - Auditorio: Arenteiro (comedia)


Carlos Blanco e Celso Fernandez Sanmartin
Unha idea, un encontro, un punto de partida, unha encrucillada de camiños.
Partir dunha idea, unha perda.
Arenteiro.
Aquelo que se nos foi.
Dous narradores narrando á par.
Dous estilos fusionados, malia que odiemos a palabra "maridaxe".
Cociñando a palabra sen rede.
Dous peixes frescos.
Arenteiro.
O estilo tradicional, pousado, retranqueiro de Celso Sanmartín fusionado co jazz oral de Carlos Blanco.
Calquera noite pode sair o sol.
No Carballiño, por exemplo.
bottom of page