Mércores 9 de setembro
11:00 - 13:30 e de 17:00 a 19:00 - Praza do concello:
Taller de malabares
Taller de instrumentos do mundo (todas as edades)
19:30 - Anfiteatro ao carón da Veracruz:
Cocer e cantar (teatro infantil)
compañía: Viravolta
22:30 - Auditorio: Eu encargábame dos nenos e o meu home de parte dos gastos (comedia)

COMPAÑÍA: A FLORISTERIA
Sinopse
Ken e as irmáns Skyper (Kelly e Stacy) amósannos como é o seu día a día, as súas preocupacións e as súas intimidades, como se divirten, as súas afecións. Unha vida colmada de cor, plástico e momentos surreais. Experimentar con estes seres entrañables, provocará preguntas sobre a condición da muller actual.
Posta en escea
Tres actores sobre un escenario construído a partir da acción e a manipulación de obxectos.
A peza materialízase a través dunha posta en escena onde a tecnoloxía prima, amosando diferentes atmósferas e lugares, gracias a unha creación visual moi coidada e creativa, onde o videomapping sobre obxetos é un continuo ó logo da peza.
Un espectáculo áxil e irónico que afonda no pasado para reflexionar sobre esa complexa realidade que nos tocou vivir.
Dirección e interpretación:
Victoria Pérez , Laura Villaverde, Manu Fernández.
Dramaturxia
Laura Villaverde
Videocreación e escenografía
Roi Fernández.
Iluminación
Hector Pazos
Fotógrafo
Nelson Corsino
Colaboradores imprescindibles durante o proceso de creación
Iria Piñeiro, Alfa Fisoterapia, Extramuros, AGADIC,