Venres 11 de setembro
11:00 - 13:30 e de 17:00 a 19:00 - Praza do concello:
Taller de malabares
Taller de instrumentos raros (todas as edades)
19:30 - Anfiteatro ao carón da Veracruz:
Actuación de "Magos do Ribeiro" (todas as edades)
COMPAÑÍA Mofa e Befa
Mofa&Befa é un comando de comedia contemporánea que comprobou as súas armas nos máis hostiles campos de batalla como bares, universidades, festivais vascos e/ou de teatro clásico, resultando sempre con simples rabuñaduras ou feridas leves.
BOBAS&GALEGAS é un percorrido gozoso polos argumentos, ocupacións, preocupacións e industrias dos criados do século de Ouro, clase social que, de todos os traballadores manuais, foi a que contemplou dende máis cerca o poder, o seu ouropel, a súa erótica e a súa vanidade.
22:30 - Auditorio: Bobas e galegas , Premios Fetega


CONDUCTOR DA GALA: QUICO CADAVAL
Aprendeu a contar contos dende moi neno grazas a unhas vellas que se encargaron de transmitirlle historias, e tamén grazas ás persoas, da máis variada índole, que pasaban pola taberna de súa nai. Comezou na interpretación teatral a finais dos setenta no Centro Dramático Galego, e xa nos oitenta fundou a súa propia compañía: "O Moucho Clerc". Traballou en diferentes producións da TVG, así como en curtametraxes e longametraxes, e recibiu diferentes premios polo seu traballo no teatro. Foi profesor de interpretación da Operación Triunfo portuguesa no ano 2003.
En 2011 recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Escénicas que outorga a Xunta de Galicia.