Buscar
Xa temos o cartel con toda a programación de FETEGA 2015!!
- acfetega
- 18 ago 2015
- 1 Min. de lectura
Este ano, FETEGA cumpre 26 anos e ímolo celebrar por todo o alto.
Espectáculos teatrais para público adulto polas noites no Auditorio; espectáculos para público infantil e familiar ás tardiñas no Anfiteatro de Veracruz; maxia, obradoiros e moito máis no Festival de Teatro Galego do Carballiño deste ano.
Do 8 ao 11 de setembro, xa sabedes, reservade oco nas vosas axendas para vir gozar das artes escénicas!
Cartelón de actrices, actores e montaxes para esta edición (estrea mundial incluída). Non perdades detalle. A maquinaria comunicativa de FETEGA 2015 ponse en marcha.

Kommentare