top of page

Inicio de luxo para FETEGA 2015 con todas as entradas esgotadas na primeira noite

  • acfetega
  • 9 sept 2015
  • 1 Min. de lectura

O 26º Festival de Teatro Galego non podía comezar mellor no Carballiño. O aforo do Auditorio quedou pequeno este martes pola noite para poder albergar a toda a xente que quería ver o espectáculo prêt-à-porter de Carlos Blanco e Celso Fernández Sanmartín, "Arenteiro". Máis de 40 persoas tiveron que quedar fora, ao esgotarse as entradas para esta función inaugural do FETEGA 2015.

Humor, ironía, e reflexións sobre o que leva cambiado a vida estiveron presentes no escenario durante toda a función, nunha contada exclusiva e de luxo na que nin Carlos nin Celso defraudaron.

A xornada do martes en FETEGA 2015 tamén estivo marcada pola actuación da contacontos Raquel Queizás no Anfiteatro da Veracruz. Foron moitos os nenos e maiores que se achegaron ata alí para gozar de "O segredo do tendal". Raquel demostrou que por algo é unha das mellores contadoras galegas e numerosos fans se achegaron ao remate da función a coñecela en persoa.

 
 
 

Comments


Featured Posts
Recent Posts
Archive
Search By Tags
Follow Us
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page