Buscar
Os obradoiros de Viravolta no FETEGA 2015 para nenas e nenos están a ser todo un éxito
- acfetega
- 8 sept 2015
- 1 Min. de lectura
Hoxe pola mañá arrancou a 26 edición do Festival de Teatro Galego do Carballiño, e fíxoo cunha actividade para as nenas e nenos. Os máis cativos do Carballiño puideron aprender a facer marionetas coa compañía de Lalín Títeres Viravolta.
Deixámosvos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos e lembrámosvos que todos os días até o venres 11 de setembro haberá na Praza do Concello do Carballiño obradoiros infantís de 10,30 a 13,30 e de 17 a 19 horas!!!
Non os perdades. Non é necesario inscribirse e o acceso é totalmente libre. Agardámosvos!!




Comments